lunes, 5 de febrero de 2018

JORDI MANIVESA CHARLÓN

Niña si vas al baile o a la montaña 
 tira una piedra a mi ventana 
tíralo fuerte por si estoy dormido que me despierte. 

 Maruchi, todos por las calles van gritando los bordillos
 Maruchi, quiero que seas la madre de mis chiquillos.
Anda, Maruchi no me hagas más sufrir 
Maruchi, Maruchi,
 dame un besito chiquitito para mi.

 A la mujer hay que buscarla muy valiente 
Que guise, cosa el pantalón
 y se reúne todas estas cualidades 
ya le puedes dedicar esta canción.

FERNANDO VARELA

Reunións nas fiadas.  Había rebaños de ovellas e cando se rapaban, a xente xuntábase nunha casa, noutra, noutra, outro día noutra e así continuamente. Quen se xuntaba sobre todo eran as mulleres. O que facían era lavar a lá das ovellas e secala. Tamén a escarpeaban (separábana), porque estaba pegañosa, e cuns aparellos que se chamaban “cardas” cardábana (ousexa, que quedaba máis esponxada). Cunha roca, que era parecido a un pau e un fuso (que era co que a convertían en fío) fiaban a lá que estaba na roca e convertíana en fío. Había unhas señoras que tiñan unhas máquinas para facer mantas (que se chamaban sabos)e utilizábanas para botar na cama. Tamén facían calcetíns, xerséis, etc. Á noite facíanse unhas sopas de pan de trigo, xusto despois de rematar co traballo. Estas sopas naqueles tempos sabían moi ben.

ELOY MARTÍNEZ BLANCO

Cantigas de berce: Unha das cantigas que sabe a miña avoa é:

Catro esquiniñas ten a miña cama, 
catro anxiños que me acompañan. 

É unha das máis cortas que se coñecen pero era a máis recitada.

Desafíos:  Onde eu vivo hai duas casas entre outras en que se coñecen cos nomes de “Moreira” e “Rexo”. O “home” da casa de “Moreira”, o máis maior, decíalle ó da casa de “Rexo”:
           -¡Eres un ladrón!

O da casa de “Rexo” contéstalle:
           -O que medra e o roubado, que o meu xa é meu.

Ésta disputa case se facía tódolos días por culpa de algún monte ou dalgunha terra.

DAVID MORADO DE LA IGLESIA

O carballo da Portela 
ten a folla revirada 
que lle ravirou o vento 
nunha noite de xeada. 

Unha nena nunha fonte 
por unha verza bebía 
A verza estaba rachada, 
toda a auga lle vertía. 

Ai Pepiño adiós,
ai pepiño adiós,
ai pepiño por Dios non te vaias, 
quédate con nós, 
quédate con nós, 
non te vaias afogar o río, 
como nos pasou a nós.

DARÍO VARELA LÓPEZ. VICENTE SOUTO GEN

Alumno: Dario Varela López 
Informante: Vicente Souto Gen

A matanza do porco. Reuníanse os veciños e os da familia cando mataban, mataban dous ou máis porcos e cun cazo bebíase sangue do que non botara para fora. Á noite comían a fartar e contaban contos. 

A sega. Reuníanse os veciños todos e adoitaban comezar cedo porque as leiras eran peadas. Máis tarde chegou o primeiro tractor á parroquia que foi o do meu padriño e unha máquina para picar maínzo ás vacas. 

Os bandos de Nadal e Reis pedindo o aguinaldo. Nos mundos de antes cando chegaba o Nadal os rapaces ían cantando e berrando polas casas, e cando chegaban á porta da casa chamaban e comezaban a cantar cancións populares do Nadal, e case todo o mundo lles daba algo, cartos, comida, e de vez en cando tamén había algún que lles abría a porta e cando se daba de conta que viñan pedindo o aguinaldo cerráballes a porta nos fociños e subía á terraza da súa casa e botáballes un caldeiro de auga na cabeza. 

Marchas nas procesións relixiosas. Cando chegaban as festas das parroquias ás persoas que lles tocaba face-la festa eran as encargadas de facer todo e tamén eran encargadas de buscar os gaiteiros. Ó remate da misa os curas chamaban ós mozos e mozas que estaban solteiros para que sacaran os santos e as virxes á procesión e daban a volta arredor da igrexa e cando se acababa a procesión os mozos e mozas ían para a festa bailar e beber para pasalo ben. 

Cancións nas despedidas de solteiro para ridiculizar á familia da moza. Nos tempos de antes pouca xente se casaba, porque non tiñan cartos ou non tiña moza ou tamén porque era feo coma un croio e ningunha moza se achegaba a el porque lle daba vergoña. Para ridiculizar á familia empezábanlle a dicir porcalladas e tacos ata que a familia se decidía marchar para a casa sen se terminar a despedida de solteiro. 

Bater de pedras nos legóns (sacho) Cando había que ir sachar á leira as malas herbas para que medrara a colleita e se aburrían de tanto sachar había algún que collía unha pedra e comezaba a dar coa pedra no sacho para animar ó resto da xente e subíalles a moral a todos.

martes, 30 de enero de 2018

CRISTINA DE BERNARDO VÁZQUEZ, PURA CASTRO VARELA, ISOLINA CASTRO VARELA

Cristina de Bernardo Vázquez Curso 2ºESO A Cancioneiro de Monfero 2008-2009

 → Información facilitada por: Pura Castro Varela. 82 anos. Tía aboa. Isolina Castro Varela. 90 anos. Aboa. Casalvito de abaixo


 • Os chavales andaban polas casas pedindo o aguinaldo e cantaban esta canción:
 “ Deanos el aguinaldo 
 Deanos sin tasa 
 Que viva por muchos años 
 El hombre de esta casa” 


 • Esta historia foi certa e pasou cando miña avoa era nova, durante a festa da miña parroquia: " Un home marchou a Bos Aires e deixou aquí unha moza que lle gustaba. Cando veu de volta, ela non o quería. Chegou o día da festa, e a miña avoa e unha das súas irmás xa estaban cegando de volta á casa cando aínda quedaba algo de festa. Rematou a festa, e cando a rapaza ía para a súa casa, chegoulle o mozo de Bos Aires e pegoulle dous tiros no corazón. A rapaza quedou tirada na carretera, morta, ata que a foron recoller

 • As cancións de berce eran as tradicionais:
 “ Duermete niño Duermete ya 
 Sino viene el coco Y te comerá”

BELÉN ANSEDE, ALEJANDRO ANSEDE, NEREA FREIJOMIL, Mª JOSEFA FERNÁNDEZ, ÁNGELES FILGUEIRAS, BENEDICTO FREIJOMIL, ALICIA FEIJIDO, JOSÉ FREIRE FILGUEIRA, JOSÉ GONZÁLEZ RIVAS