Alumno: Dario Varela López
Informante: Vicente Souto Gen
A matanza do porco.
Reuníanse os veciños e os da familia cando mataban, mataban dous ou máis porcos e cun cazo bebíase sangue do que non botara para fora.
Á noite comían a fartar e contaban contos.
A sega.
Reuníanse os veciños todos e adoitaban comezar cedo porque as leiras eran peadas.
Máis tarde chegou o primeiro tractor á parroquia que foi o do meu padriño e unha máquina para picar maínzo ás vacas.
Os bandos de Nadal e Reis pedindo o aguinaldo.
Nos mundos de antes cando chegaba o Nadal os rapaces ían cantando e berrando polas casas, e cando chegaban á porta da casa chamaban e comezaban a cantar cancións populares do Nadal, e case todo o mundo lles daba algo, cartos, comida, e de vez en cando tamén había algún que lles abría a porta e cando se daba de conta que viñan pedindo o aguinaldo cerráballes a porta nos fociños e subía á terraza da súa casa e botáballes un caldeiro de auga na cabeza.
Marchas nas procesións relixiosas.
Cando chegaban as festas das parroquias ás persoas que lles tocaba face-la festa eran as encargadas de facer todo e tamén eran encargadas de buscar os gaiteiros. Ó remate da misa os curas chamaban ós mozos e mozas que estaban solteiros para que sacaran os santos e as virxes á procesión e daban a volta arredor da igrexa e cando se acababa a procesión os mozos e mozas ían para a festa bailar e beber para pasalo ben.
Cancións nas despedidas de solteiro para ridiculizar á familia da moza.
Nos tempos de antes pouca xente se casaba, porque non tiñan cartos ou non tiña moza ou tamén porque era feo coma un croio e ningunha moza se achegaba a el porque lle daba vergoña. Para ridiculizar á familia empezábanlle a dicir porcalladas e tacos ata que a familia se decidía marchar para a casa sen se terminar a despedida de solteiro.
Bater de pedras nos legóns (sacho)
Cando había que ir sachar á leira as malas herbas para que medrara a colleita e se aburrían de tanto sachar había algún que collía unha pedra e comezaba a dar coa pedra no sacho para animar ó resto da xente e subíalles a moral a todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario