ALUMNO: Alejandro
Rodríguez Acción
INFORMANTE: Ermitas
Domingo González Souto, 77 anos, Sixto, Santaballo, Xestoso. (Avoa de Alejandro
Rodríguez Acción)
Pista 1. Xan Guindán
Xan Guindán quere casar
Non ten a muller bustada
Foille face-lo amor
Á filla da tía Xoana.
-Boas noites, tía Xoana
onde lle vai a rapaza?
-Vai buscar o gas da noite,
xa parece que me tarda.
-Boas
noites, Xan Guindán,
tráigote no pensamento,
e ti dirálo de risas
pero eu dígocho de veras,
Xa hai un pouquiño que estou
Aquí quentando as canelas.
-Eu queríame casar,
véñoche face-lo amor.
-Se me queres dimo axiña,
non esteñas facendo burla.
-Eu querer, ben te quería
pero heiche de contar,
quería facer unhas saias
e tíñalas sen fiar.
-Teño os zapatiños rotos
e o pano todo furado,
se tes cartos cómprame outros
e casamos de contado.
Arregláronse as municións
E leváronnas ao cura,
E leváronnas ao cura
Que as lera de contado.
O señor cura leunas
E no fretorio da misa
A xente que llas oeu
Todo lle serviu de risa.
Cando iban para se casar
A nena tuvo vergonza
A nena tuvo vergonza
E dixo que non o quería.
Xan Guindán quedou tan teso
Como as varas dun caínzo,
Foise por alí abaixo
Nin adiós á xente dixo.
Pista 2.- Sardiñeiriña
-Sardiñeiriña, como estás tan triste?
Dime que foi o que che aconteceu.
-Foi a camelia que caeu dun pino
e colleu un suspiro e os dous morreu.
Ven Sardiñeira, ven meu amor.
E porque o mundo é todo teu,
É todo teu e nada meu,
Eres más guapa ca camelia que morreu.
Pista 3.-
Ao entrar en Viveiro
O primeiro que se ve
Son as ventanas abertas
E as camas sen facer
Pista 4.-
Non te cases cun ferreiro
Que da moito que lavar
Cásate cun mariñeiro
Que vén lavado do mar
Cásate cun mariñeiro
Que vén lavado do mar
Pista 5.- Adiós España querida
Adiós España querida,
Adiós tierra de las flores,
Adiós padres y hermanos
Y todos los españoles.
Qué triste es dejar España
E irse a Marruecos,
El que está en España
Siempre tiene un consuelo.
Yo que estoy en tierra extraña
Qué consuelo voy tener,
Metido entre moros
Y pensando en mi querer.
Pista 6.-
Vaite de aí limón podrido,
Se te pareces ao meu porco
Cando está descolorido.
Pista 7.-
Non te cases cun ferreiro
Que te queiman as muxicas,
Cásate cun carpinteiro,
Que fai obras moi bonitas,
Cásate cun carpinteiro,
Que fai obras moi bonitas.
Pista 8.-
O paxaro cando chove
Mete o rabo na silveira,
Así fai a guapa moza
Cando non hai quen a queira.
Así fai a guapa moza
Cando non hai quen a queira.
Pista 9.- A ronrón.
A ronrón, a ronrón
Que teu pai é un fanfarrón
E a túa nai é unha fanfarreta
Que non che quere da-la teta
E a túa nai é unha fanfarreta
Que non che quere da-la teta.