lunes, 5 de febrero de 2018

JORGE VARELA CORTIZAS, SOFÍA CORTIZAS CAÍNZOS, Mª CARMEN CORTIZAS CUPEIRO, JOSÉ CAÍNZOS GONZÁLEZ, MANUEL CORTIZAS FERNÁNDEZ

Alumnos/as: Jorge Varela Cortizas y Sofía Cortizas Caínzos.

P.1.- Mª Carmen Cortizas Cupeiro, 44 anos, Queixeiro.

O amor da costureira 
era papel e mollouse 
agora, costureiriña, 
o teu amor acabouse 

P.2.- Mª Carmen Cortizas Cupeiro, 44 anos, Queixeiro. 

En Queixeiro hai boas mozas 
en Vilachá a flor delas 
en Torres e Villamateo 
carabillas pra as cancelas. 

 P.3.- Mª Carmen Cortizas Cupeiro, 44 anos, Queixeiro. 

Pola Brañoa abaixo 
baixaba unha canoa 
eran os de Queixeiro
que iban de carallada 
 Rúmbala, rúmbala, rúmbala 
La rumba del cañón Chispón 

 P.4.- José Caínzos González, 72 anos, Altos de Verís, Irixoa. 

Salta lume de San Juan 
que non me trabe cobra nin can 
 salta lume de San Pedro 
que non me trabe cobra nin perro 

 P.5.- Mª Carmen Cortizas Cupeiro, 44 anos, Queixeiro. 

O meu neno é pequeño 
é pequeño, índa ha de medrare 
 heino de ensinar a todo 
a amasare, a peneirare, 
 e a meter o pan no forno 
o meu neno é pequeño 
é pequeño, índa ha de medrare
 aínda ha de vir a tempo 
para facerme rabeare 

 P.6.- José Caínzos González, 72 anos, Altos de Verís, Irixoa. 

 Fun ó muíño de baixo 
din a volta ó de riba 
o de abaixo ten ferrallo 
e o de riba carabilla. 

 P.7.- Narración de Manuel Cortizas Fernández, 71 anos, Queixeiro, Monfero.

 Los tres Reyes del Oriente 
todos tres en compañía 
todos tres en tres caballos 
que relumbran más que el día

¿A dónde caminan los Reyes, 
Reyes de la Monarquía? 
Caminamos a Belén 
y una estrella que nos guía 

Y llegamos a Belén 
toda la gente dormía. 
nos arrimamos a un roble 
al pie de una fuente fría. 

Vimos pasar al portero, 
El que las puertas abría. 
Abre las puertas, portero, 
a San José y a María. 

Como las abriré yo 
si las llaves no tenía.
 los Reyes le ofrecen al niño 
oro, incienso y mirra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario